Gráficas da Organización Mundial da Saúde (OMS). Para facer estas gráficas escolléronse nenos sans nacidos a termo, aos cales mediron e pesaron periodicamente; cos datos obtidos debuxáronse as curvas.
Na gráfica aparecen curvas e cada unha representa unha
porcentaxe de nenos todos sans: 3, 10, 25, 50, 75, 90 e 97 (da
liña inferior á superior).
A liña central, que corresponde ao 50%, só
indica que a metade dos nenos se desenvolveron por debaixo e a
outra metade por arriba, e tanto os que estaban na liña de arriba (un
3%) como os que estaban na de abaixo (outro 3%) eran igual de sans.