Coñecer e aplicar medidas de seguridade para controlar os riscos de accidente infantil

Coñecer e aplicar medidas de seguridade para controlar os riscos de accidente infantil

Trátase de manter unha actitude intelixente e de equilibrio entre a súa propia e progresiva autonomía, e a nosa protección e vixilancia constantes.

Actualmente, a maior ameaza para a saúde infantil son os accidentes infantís, como veñen demostrando as estatísticas sanitarias.

  • Os nenos e as nenas son, en xeral, curiosos, impulsivos, impacientes e inquedos, e os accidentes menores, pequenos golpes e rabuñaduras, son parte do seu desenvolvemento normal.
  • Os máis pequenos levarán todo á boca porque é o xeito que eles teñen de coñecer as cousas.
  • Unha excesiva protección dos pais só consegue nenos e nenas incapaces de autocoidarse.
  • Non é recomendable reprimir sen xustificación ningunha a súa necesidade vital de explorar todo o que hai no seu ambiente, xa que é un estímulo fundamental para un adecuado e saudable desenvolvemento.
  • A clave, ensinarlles a valorar e controlar ou evitar o risco, explicándolles pausadamente, unha e outra vez, os porqués do perigo e as súas posibles consecuencias.

Mentres van alcanzando a suficiente autonomía e non estamos seguros de que son capaces de recoñecer o perigo para evitalo ou controlalo, temos que exercer unha atenta vixilancia que permita adiantarnos ás situacións de risco, aplicando medidas de seguridade que eviten os posibles accidentes.
Trátase de manter unha actitude intelixente e de equilibrio entre a súa propia e progresiva autonomía, e a nosa protección e vixilancia constantes. Os accidentes infantís poden ser evitados e non son froito exclusivo da mala sorte. Todo depende das nosas actitudes e accións, e de que eles vaian valéndose por si mesmos, poñendo en práctica as nosas ensinanzas sobre o recoñecemento dos perigos para controlalos ou evitalos.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde