Previr e atender enfermidades e lesións por accidente

Previr e atender enfermidades e lesións por accidente

Acudir ás citas do Programa de control médico do crecemento para nenos e nenas sans.

Para ter unha razoable e obxectivada seguridade de que todo marcha ben, aínda que non exista ningún episodio de enfermidade, débese aplicar un sistema ordenado de vixilancia periódica dos aspectos máis importantes da saúde infantil, que se coñece polo nome de Programa do neno san en todos os centros da rede galega de Atención Primaria de Saúde.

  • É moi importante non fallar ás citas de revisión pautada ata os 14 anos, xa que este é o mellor xeito de adiantarnos e coller a tempo calquera atranco, problema ou dúbida referente ao desenvolvemento saudable de fillas e fillos.
  • Cambiar o vello costume de actuar só cando se produce algún problema, polo de adiantarnos a estes, interesándonos nas explicacións e preguntando todas as dúbidas en cada visita.
  • Os controis sistemáticos do desenvolvemento saudable dos pequenos que se están a aplicar polos profesionais da pediatría, fan un seguimento e avalían ao longo do calendario de visitas, todos os aspectos do crecemento e a funcionalidade físicas, o desenvolvemento psicomotor e dos órganos dos sentidos.
  • Ao longo do calendario de visitas vanse indicando, no momento oportuno, as medidas preventivas que hai que aplicar, como as vacinas e outros tratamentos, así como as recomendacións xerais e consellos específicos que vaian correspondendo, sobre unha longa serie de aspectos do estilo de vida das familias e dos coidados que proporcionan aos seus fillos, que poden incidir dun xeito importante na súa saúde.
  • Na cartilla de saúde infantil, personalizada desde o nacemento, iranse anotando ordenadamente os datos esenciais sobre o estado de saúde e o seu seguimento.
  • Cumprir o calendario de vacinación recomendado.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde