Atender unha asfixia

Atender unha asfixia

Falamos aquí daquelas que se producen por pequenos obxectos ou alimentos cando se meten na vía do aire cara aos pulmóns.

  • A tose espontánea é o mecanismo de defensa que utiliza automaticamente o noso corpo, tratando de expulsar de alí aquel obxecto, podendo ou non conseguilo.
  • Se o obxecto non sae coa tose, salvo que se vexa que é moi fácil de sacar, non o intentemos nunca cos dedos, podémolo meter máis abaixo do que estaba, empeorando a situación.
  • Se o neno fai xestos de non respirar nada, e comeza a porse azulado, poñeremos inmediatamente en marcha as manobras de expulsión: producir unha presión brusca sobre os pulmóns que faga mover o obxecto cara a fóra, do xeito que se ilustra na figura.
  • Se non o conseguimos, acudamos urxentemente a un servizo médico.

A nosa prioridade, a túa garantía
Xunta de Galicia © Xunta de Galicia. Información mantida e publicada en internet pola Consellería de Sanidade - Servizo Galego de Saúde